O Xallas FC campión da Terceira Galicia da Costa

O Xallas FC de Bruno Prego proclamouse campión da Terceira Galicia da Costa e acadou o ascenso á Segunda tras vencer ao CD Nantón.

Os de Santa Comba conseguían o título e tamén o ascenso á Segunda Galicia o pasado domingo no campo de fútbol de As Fontiñas tras vencer ao CD Nantón por 1-4, un gol en propia porta dos locais, sumados aos tantos de Sergio Barbeira, Adrián López e de Sergio Prego daban os tres puntos aos xalleiros que celebraban a consecución do título da Terceira da Costa logo dunha tempada inmaculada.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas