OCÉANO SURF MUSEO: O deporte e o mar

Visitamos o Océano Surf Museo, primeiro museo de España dedicado ao surf, inaugurado no 2017 e situado no primeiro andar da Casa da Cultura de Valdoviño.

Atendeunos amablemente a técnica do museo, Carolina, que nos explicou sobre o museo, as coleccións expostas e as salas da historia do surf e do Pantín Classic.

É un lugar no que non só aprenderás historias do surf, senón tamén a coñecer as praias das costas de Ferrolterra, as tendas e escolas de surf, así como a concienciación de protexer a natureza.

O museo ten preciosas vistas a través da cristaleira desde a que se divisa a praia de Valdoviño (A Frouxeira). É un museo que desde Bisbarra en xogo, sen dúbida, recomendamos visitar e gozar dos coñecementos que se poden adquirir.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucía Rivas: de verde a laranxa

Lucía Rivas finalizou a súa etapa no conxunto verde do Valdetires para enfundarse o laranxa dun Viaxes Amarelle no que compartirá vestiario con coñecidas como

Álex Permuy: cumprindo un soño

Falar de Smash Padel 4 é falar do seu fundador Álex Permuy e unha vida plenamente dedicada ao deporte, coñecido polo seu pasado futboleiro (Numancia