MONTEFARO ENDURO RACE: Os campións da proba foron Edgar Carballo e a júnior Cristina Menéndez

O tinerfeño Edgar Carballo, do Club Valdebicis e cun tempo de 19:43.222, e a asturiana júnior Cristina Menéndez, do Cuetos Bike e cunha marca de 24:46.482, proclamáronse vencedores do Montefaro Enduro Race, proba organizada polo club Pulpeiros Mugardos. Os outros dous primeiros participantes masculinos que cruzaron a liña de meta foron o naronés Marco Veiga, […]
VII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE SAN SADURNIÑO: Jonathan Fernández e Rebeca Soto foron os campións

O Concello de San Sadurniño acolleu a VII Carreira Popular baixo o lema “Corre polo medio ambiente” na que máis de 400 participantes inscribíronse e deron cita na Leira da Cortina, no Paseo Fluvial do río Xuvia. Este ano, como novidades e a diferenza das edicións anteriores, o circuíto presentou desniveis para engadir un plus […]
CABREIROÁ JÚNIOR PRO FERROL 2022: Aelan Vaast e Yago Domínguez dominaron as ondas de Doniños

A praia de Doniños, en Ferrol, foi o escenario elixido para disputar o Cabreiroá Junior Prol Ferrol 2022 no que máis de 250 surfeiros déronse cita para este evento da World Júnior Circuíto da WSL organizado e patrocinado por Cabreiroá, Concello de Ferrol, Deputación da Coruña, Xunta de Galicia, Xacobeo 21-22, Corresponsables, Abanca, Gadis, Vithas, […]
JORGE CAGIAO E AMELIA BLANCO: Vitoria en 2 rodas motrices e 6º na absoluta

Gran actuación do piloto local Jorge Cagiao e o seu copiloto Amelia Blanco no 34º Rallye Cidade de Narón. Respirábase no ambiente moita expectación co piloto local Jorge Cagiao e o seu copiloto Amelia Blanco, que realizaron unha gran actuación a bordo do Renault Clio Rally4 no 34º Rallye Cidade de Narón, quedando campións de […]
34º RALLYE CIDADE DE NARÓN: Víctor Senra foi o vencedor

Víctor Senra segue imparable e adxudicouse o Rallye Cidade de Narón. O piloto de Yacar Racing e o seu copiloto, Alejandro López, lograron unha marca de 01:11:17.400 co seu Skoda Fabia Rally2 Evo. O piloto dumbriés declarou ao final do 34º Rallye Cidade de Narón: “Esta é a recompensa a un traballo de 10, estamos […]
OCÉANO SURF MUSEO: O deporte e o mar

Visitamos o Océano Surf Museo, primeiro museo de España dedicado ao surf, inaugurado no 2017 e situado no primeiro andar da Casa da Cultura de Valdoviño. Atendeunos amablemente a técnica do museo, Carolina, que nos explicou sobre o museo, as coleccións expostas e as salas da historia do surf e do Pantín Classic. É un […]
ÁLVARO ILLOBRE: Fai balance da tempada

O presidente do Basketmi, Álvaro Illobre, dedicounos o seu tempo para poder coñecer a súa opinión sobre a gran tempada do club. Tres tempadas invictos e obxectivo de ascenso conseguido. Como sentides? Sentimos fortes e preparados para probar de novo en División de Honra. Sabemos que será duro, pero tentaremos facer un cadro de persoal […]