ÓSCAR VIGO: “Non se materializaron as ocasións que tivemos”

O adestrador ferrolán analiza a visita ante o CD Leganés.

O Parrulo Ferrol foise coas mans baleiras da súa visita ao CD Leganés. Tras o mesmo, o adestrador Óscar Vigo afirmaba que “estivemos preto de traernos algo positivo”, onde durante os primeiros doce minutos “fomos superiores ao CD Leganés, con 0-2 e ocasións para aumentar a diferenza”, pero todo cambiaba cun penalti nos últimos segundos “onde a decisión non é a correcta e encaixar ese gol a falta de 20 segundos a nivel mental deixounos tocados.”

No inicio do segundo tempo os ferroláns quixeron “volver ter as sensacións da primeira parte, pero non fomos ese equipo” e o CD Leganés “empezou a ter ocasións, atopándose con goles onde lle dan a volta ao partido”.

Os ferroláns non baixaban os brazos “e volvemos xerar, a estar ben no partido, con ocasións”, buscando nos últimos minutos a baza do xogo de cinco “xerando e tendo ocasións, mesmo cunha moi clara ao segundo pau”, pero “non se materializaron as ocasións que tivemos e non puidemos sacar algo positivo”, polo que agora “toca pensar no partido do sábado ante Family Cash Alzira.”

Información e imaxe: O Parrulo FS

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Trofeos Bisbarra en xogo 2024/25

Unha tempada máis, Bisbarra en xogo xunto a varios dos nosos patrocinadores, anunciamos os trofeos que entregaremos ao final da presente campaña. EDICIÓN BERGANTIÑOS, ARTEIXO,