O xogador logra esta distinción por sétima vez nesta tempada
O Parrulo Ferrol xogaba o pasado sábado diante da súa afección no Pavillón da Malata, #ante Visit Calvià Hidrobal. Como é habitual, neste partido realizáronse as votacións para o Premio Hyundai ao xogador máis regular, outorgado por Hyupersa Finisterre Motor.
Nesta tempada mantense o sistema de votación, no que participan cinco medios de comunicación presentes no partido, valorando con 3 puntos, 2 puntos e 1 punto aos tres mellores xogadores do Parrulo Ferrol, que se suman á votación que realiza a afección a través da enquisa que se publica nas redes sociais do club ao finalizar o partido e que contan como o sexto voto. Neste partido, participaron representando aos medios de comunicación La Voz de Galicia, Diario de Ferrol, Sexto Anillo, Galicia Ártabra Digital e Ferrol360.
Nesta 12º votación da tempada, Adri era elixido por sétima vez na tempada como o mellor xogador do partido, rozando a unanimidade, ao obter 17 dos 18 puntos posibles; seguido de Gozi, con 10 puntos. Neste partido tamén puntuaron Pedro, Alberto, Hélder, Miguel Caeiro e Terán.
Na clasificación xeral Adri segue no máis alto da táboa, con 115 puntos; seguido de Gozi, con 82 puntos; pechando o pódium Kevin Chis, con 69 puntos.
Top 3 de las votaciones del público:
1º Gozi: 52,1% dos votos – 3 puntos
2º Adri: 35,1% dos votos – 2 puntos
3º Miguel Caeiro: 6,2% dos votos – 1 punto
Clasificación del partido ante Visit Calvià Hidrobal:
1º Adri 17 puntos
2º Gozi 10 puntos
3º Pedro 3 puntos
4º Alberto 2 puntos
4º Hélder 2 puntos
6º Miguel Caeiro 1 punto
6º Terán 1 punto
Clasificación general del Premio Hyundai al jugador más regular:
1º Adri 115 puntos
2º Gozi 82 puntos
3º Kevin Chis 69 puntos
4º Alberto 64 puntos
5º Hélder 30 puntos
6º Santi 16 puntos
7º Costi 15 puntos
8º Domingos 11 puntos
8º Noel 11 puntos
10º Borja 10 puntos
11º Yago Tenreiro 4 puntos
12º Pedro 3 puntos
13º Renatinho 2 puntos
13º Barranquero 2 puntos
15º Miguel Caeiro 1 punto
15º Terán 1 punto
Información: O Parrulo FS e imaxe: Ismael Miján / MijanPhoto