A tarde do luns 4 de agosto, os pais e nais de árbitros menores de idade da Costa da Morte reuníronse, convocados polo Comité Técnico de Árbitros (CTA).
Ao encontro asistiu unha ampla representación de familias, que foron recibidas por Roberto Alvite (vicepresidente do CTA de Galicia), Javier González Arévalo (presidente da Delegación da Coruña) e Silvia Cancela (RFGF).
Durante a xuntanza, entregáronse as 1.500 sinaturas recollidas nos últimos días, asinadas en gran parte polos propios árbitros da comarca, xunto co amplo apoio político de todos os partidos da Costa da Morte. Na reunión pediuse unanimemente a readmisión inmediata de Manuel Espasandín Romar, apartado de xeito inxusto, e os representantes do CTA e da federación comprometeron-se a estudar a restitución e trasladar a demanda ao presidente do Comité Técnico.
Os pais e nais anunciaron que seguirán recollendo sinaturas para alcanzares as 2.000 antes do próximo luns, data na que o CTA se reunirá cos árbitros da subdelegación da Costa da Morte para reconsiderar definitivamente a readmisión de Manuel Espasandín Romar.




