Unha das deportistas que máis éxitos teñen recollidos neste 2021, estase a preparar para a participar na Copa do Mundo de kick boxing, que se celebrará en Budapest entre o 17 e o 19 de setembro.
Un encontro internacional ao que acudirá de forma individual e para o que tivo que moverse co fin de financiarse a viaxe, pois o ser declarada deportista de alto rendemento aínda non lle trouxo aporte económico.
O fixo por exemplo coa venda de lotería ou cunha colaboración con Su&Marino que permitiu o lanzamento de sudaderas do evento e que saíron a venda por 35 e 40 euros. Grazas a ditas axudas xa ten costeada unha viaxe que pode significar un antes e despois na súa curta, pero brillante, traxectoria. “O meu obxectivo é facer podium, porque quero obter un bo resultado para poder ser convocada coa selección española de cara ao Mundial que se celebra en novembro”, resalta Paty.