A xogadora do Fisober FSF, Paula Fandiño, analizou a tempada, as súas sensacións e como compaxina o fútbol sala co fútbol campo.
Como estás a ver a tempada do Fisober FS?
Está sendo unha temporada complicada polas lesións de xogadoras importantes, o que nos obrigou ás demais a asumir máis responsabilidades. Quero destacar o papel de Sabela, unha nena do equipo alevín que nos está axudando moito. Este ano temos que ser máis humildes nos obxectivos porque o nivel da categoría subiu, con equipos como o Estrela Futsal e o Leis Pontevedra destacando claramente.
E a nivel individual, como te estás sentindo?
Non me gusta falar moito de min, pero está sendo unha temporada máis complexa. A falta de Ana Mouzo como capitá fixo que me tocara levar o brazalete, e iso engade responsabilidade. Son mellor xogadora con Ana ao lado, pero temos un grupo moi unido e todas nos axudamos. Estou nun momento importante nun club onde levo moitos anos e no que estou moi contenta.
Como levas o de compaxinar o fútbol sala co fútbol?
É algo que todas no Fisober aprendemos a xestionar. Por sorte, tanto os coordinadores do Fisober como dos outros clubs facilitan as cousas para que as fins de semana sexan máis levadeiras. No meu caso, só podo adestrar os venres por cuestións laborais, polo que durante a semana complemento con exercicios no ximnasio.