PONTECESO: II Global 6K For Water

O laxense Martín Santos Suárez e a carballesa Silvia Porteiro Varela, conquistan a carreira solidaria.

O atleta Martín Santos Suárez, de Serantes – Laxe, e Silvia Porteiro Varela, da AD Media Ducia de Carballo, foron os vencedores da carreira solidaria II Global 6K For Water, en Anllóns (Ponteceso) e que estivo organizada pola Asociación Deportiva Abellariza. Os organizadores contaron coa colaboración da dotación de Protección Civil de Ponteceso. O lugar elixido para desenvolver a proba deportiva foi Campo do Río, en Anllóns, que desta forma foi unha das novidades.

Na proba estaban rexistrados 76 participantes, dos que finalmente tomaron a saída 61. Entre eles unha vintena que participou na Andaina, que tivo lugar paralelamente á carreira co mesmo percorrido. A saída deuse coas campás da igrexa de Anllóns.

O traxecto que realizaron os participantes foi saída e meta no Campo do Río para despois ir á Barcia, O Castro, pasar á beira da igrexas, Lugar de Abaixo, pontes da Graxa, Saimia e chegada. A organización entregou a cada participante unha camiseta conmemorativa e os pequenos recibiron medallas, do mesmo xeito que os cinco primeiros das categorías masculina e feminina.

AS CAMPÁS DE ANLLÓNS DERON A SAÍDA

Unha das sorpresas que tiña previsto a Asociación Deportiva Abellariza, de Ponteceso, é que a saída da carreira, que estaba previsto para as 11.30 horas da mañá, fose co son das campás da igrexa San Félix, de Anllóns. Para iso desprazáronse ao campanario Antonio Suárez Facal, que foi o habitual campaneiro; o seu fillo Juan Suárez Amado e o seu neto, Adrián Calo Suárez. As campás de Anllóns son moi coñecidas, xa que o poeta Eduardo Pondal escribiu moitos sobre as mesmas.

CLASIFICACIÓNS

Masculina
1. Martín Santos Suárez (Serantes-Laxe) 23:11
2. Toniño Veiga Souto (Anllóns) 24:03
3. Suso Méndez Suárez (Corme) 25:00
4. Aarón Amado Amado (Anllóns) 25:19
5. Luís Felipe Mariño Paracuellos (Carballo) 25:46

Feminina
1. Silvia Porterio Varela (Carballo) 29:20
2. Fina Blanco Pena (Ordenes) 29:42
3. Olga Pouse Chouciño (Ponteceso) 30:20
4. Alejandra Pouse Lema (Serantes-Laxe) 30:30
5. Montse Pasos Ures (Carballo) 31:46

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas