O Concello de San Sadurniño acolleu a VII Carreira Popular baixo o lema “Corre polo medio ambiente” na que máis de 400 participantes inscribíronse e deron cita na Leira da Cortina, no Paseo Fluvial do río Xuvia.
Este ano, como novidades e a diferenza das edicións anteriores, o circuíto presentou desniveis para engadir un plus de dificultade á carreira e que foi valorado de maneira positiva polos participantes.
Con respecto á edición deste ano, Jonathan Fernández, do club Pasa ou Entorna, cunha marca de 17:09, e a atleta Rebeca Soto, do Club Atletismo Narón, cun tempo de 21:39, proclamáronse vencedores da proba. En canto á categoría dos nenos e nenas, na sub-14 proclamouse campión Brais Martínez (3:01), que participou como independente, e Nerea Italia (3:32), que tamén competiu como independente, mentres que na sub-12 os gañadores foron Adriana Sedes (1:56), do Ría Ferrol Concepción Arenal, e Roi García (1,57) como independente.
Como anécdota e boa implicación do Concello de San Sadurniño na organización da carreira, o alcalde, Secundino García, participou e mesmo chegou á meta baixo un tempo de 34:30.