Presentación oficial da Escola de Porteiros Nordés en Outes

Unha escola que nace encadrada no convenio de colaboración a tres bandas entre a Escola de Porteiros Nordés, o Concello de Outes e o Outes Fútbol Club.

Agradecer enormemente a presencia neste acto a:

Manuel González – Alcalde de Outes e Tono Caamaño – Concelleiro de deportes de Outes.
Agustín Elduayen e Oscar Rama – Directores Técnicos da escola de porteiros Nordés.
Fernando García – Director das Escolas Deportivas Municipais de Carnota.
Gabriel Lago – Coordinador futbol Base das ED Os Miúdos.
García – Coordinador da SD Esteirana.
Nito Estalote – Presidente do Mazaricos CF.
Enrique Fornís – Vicepresidente do Outes FC.

A escola de porteiros Nordés en Outes ven a aportar un complemento extra á magnífica oferta de tecnificación de futbol que hai no concello da man do Outes FC e RC Deportivo da Coruña. Nace así pois con Nordés, unha escola que viña sendo moi demandada, con unha vocación clara de dar servizo ós clubes da ría de Muros e Noia e Barbanza.

Dous referentes da tecnificación de porteiros como Agustín Elduayen e Oscar Rama serán os encargados de dirixir esta escola que pretende dar á rapazada de Outes e comarca unha oportunidade única de completar a súa formación futbolística.

Carlos Romero fixo unha pequena introducción da creación da Escola de Porteiros Nordés en Outes. Tono Caamaño ensalzou a labor deportiva e social realizada polo Outes FC, agradecendo a colaboración da Escola de Porteiros Nordés e dos clubes presentes no seu traballo a prol do deporte base. Enrique Fornís resaltou a boa acollida que tivo o proxecto entre os pais do Outes FC. Fernando García resaltou o valor do que significa para os clubes da zona ter esta escola para contribuir ao crecemento da oferta de tecnificación en Outes e a súa comarca. Agustín Elduayen resaltou á escola como a referencia do fútbol nas zonas da Costa da Morte, Coruña e Santiago. Óscar Rama resaltou a importancia da posta en marcha da sede de Outes que lles permite colaborar na formacións dos pequenos deportistas da comarca de Muros – Noia e fixo un avance de como funcionará a Escola de Tecnificación. E Manuel González mostrou o orgullo de acoller en Outes un proxecto destas características onde os nenos poidan desfrutar do deporte rei coa garantía que supón traballar coa Escola de Porteiros Nordés.

Fotos e info: Outes FC

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas