O pasado mércores 12 de xuño presentouse na Casa do Concello a terceira edición do campus Cabreiroá “DÉPOR CAMPUS” Outes 2024

A esta presentación acudiron en representación dos tres entes involucrados: Carlos Romero (Técnico de Deportes do Concello de Outes e coordinador de futbol base), Sergio Maurente (Coordinador Programa Local Fundación do Real Club Deportivo da Coruña), Alejandro Vidal (Responsable da área social do Real Club Deportivo da Coruña), Tono Caamaño (Concelleiro de Deportes, Saúde e Benenstar do Concello de Outes) e Manuel González (Alcalde de Outes).

No acto puxéronse sobre a mesa diferentes asuntos referidos ás actividades levadas a cabo polo Real Club Deportivo da Coruña en colaboración co Outes Fútbol Club e Concello de Outes. Igualmente tratáronse novas propostas de acción conxunta para avaliar a súa posible implantación en vindeiras datas.

Todos os participantes nesta presentación declararon estar máis que satisfeitos pola boa acollida de cada unha das actividades organizadas. Nenos e nenas de Outes e da contorna poden desfrutar de instructores de primeiro nivel que achega o RCD da Coruña en todas as súas actividades.

Fotos e info: Outes FC

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Trofeos Bisbarra en xogo 2024/25

Unha tempada máis, Bisbarra en xogo xunto a varios dos nosos patrocinadores, anunciamos os trofeos que entregaremos ao final da presente campaña. EDICIÓN BERGANTIÑOS, ARTEIXO,