PROGRAMA: «Convivir deportivo»

Este xoves, no salón de actos das escolas de Ponteceso, personaxes históricos dos equipos do Ponteceso SD e Corme CF contaban as súas vivencias nos equipos para o programa «Convivir deportivo» da Radio galega.

Por parte do Ponteceso SD falaron Álvaro Dominguez, actual presidente do club, José Manuel Mato, ex-presidente, Eduardo Vidal «Barrié» directivo e os xogadores Mendieta e Recarey. Por parte do Corme CF falaron, Juan Francisco Cruz «Quico» actual presidente, Jesús Ferreiro García «Suso», ex-presidente,   os directivos María Alvarez Bugallo e Jesús Figueiroa Ouréns «Suso da Torriña»  e o ex-xogador Alejandro Torrado.

Na sala tamén se atopaba o alcalde de Ponteceso, Lois García e medio centenar de asistentes que acudiron ao acto. Segundo informaron os responsables da radio, a próxima cita será en Laxe o próximo día 3.

O programa será emitido en diferido os sábados ás 13:00 horas.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucía Rivas: de verde a laranxa

Lucía Rivas finalizou a súa etapa no conxunto verde do Valdetires para enfundarse o laranxa dun Viaxes Amarelle no que compartirá vestiario con coñecidas como

Álex Permuy: cumprindo un soño

Falar de Smash Padel 4 é falar do seu fundador Álex Permuy e unha vida plenamente dedicada ao deporte, coñecido polo seu pasado futboleiro (Numancia