Onte, venres 22 de outubro, presentouse oficialmente na Casa da Cultura do Concello de Outes o convenio a tres bandas da creación da Escola de Fútbol entre o RC Deportivo da Coruña, Escolas Luis Calvo Sanz e Outes FC .
Por parte do Concello de Outes acudía o concelleiro de deportes Daniel Rodríguez Gándara. O alcalde Manuel González López cancelaba a súa asistencia ao acto por motivos de axenda municipal.
Os mandatarios do Outes Fc, Enrique Fornís Molinos, Vicepresidente 1°, Manuel Sierra, vicetesoureiro e Carlos Romero, coordinador fútbol base do Outes FC, representaron o ilusionante proxecto deportivo das comarcas de Noia e Muros.
Pablo Barros, director de actividades formativas da Fundación RC Deportivo da Coruña e David Barca Iglesias, director deportivo das Escolas Luis Calvo Sanz, aplaudían o inicio do proxecto de Outes e comarcas que de principio vai ser xestionada polas Escolas Luis Calvo Sanz e Fundación RC Deportivo da Coruña.