RACING CLUB FERROL: Bo fútbol sen premio

O Racing, a pesar do bo xogo despregado, non logrou o premio e caeu 0-1 co Unionistas CF, quedando sen sumar puntos por segundo partido consecutivo.

O partido comezou baixo a continua choiva e cun Racing que tería a primeira ocasión nos pés de Héber no minuto 6 cando picou o balón por encima da portería rival e 2 minutos despois sería Álex López quen dispararía a porta desde a frontal do area sen problemas para Salva. Pero sería o Unionistas CF quen lograría adiantarse no marcador no 16’ tras un forte disparo de Jesús De Miguel que pasaría entre o pao e Diego Rivas.

Os minutos pasaban cun Racing presionando, pero sen crear ocasións claras ata os minutos finais do primeiro tempo cun lanzamento de falta de Pascual e que Salva logrou rexeitar e no 45’ cunha volea de Manu Justo que de novo Salva lograría evitar o tanto do empate cunha gran intervención, chegando ao descanso co resultado de 0-1.

Na segunda parte, o Racing saíu en busca do empate e Manu Justo tivo unha gran oportunidade nos inicios nun saque de esquina que non logrou rematar con acerto e na contra o Unionistas tivo o 0-2 pero finalmente o disparo de Beneit golpeou no lateral da rede local.

No 72’ o Racing reclamou un penalti tras derribar Ramiro Mayor a Héber cando encaraba a portería, pero o árbitro non sinalou nada. O marcador seguía sen moverse e no 78’ Manu Justo remataría fóra desde dentro da área tras un pase atrás de Carlos Vicente.

Cando o partido estaba no desconto Carlos Vicente remataría de cabeza ao pao e finalmente o resultado quedaría co 0-1 favorable ao Unionistas CF e o Racing non sumaría puntos por segunda xornada consecutiva.

RESULTADO: Racing Club Ferrol 0-1 Unionistas CF

RACING CLUB FERROL: Diego Rivas, Brais, David Castro, Bourdal (Luis Chacón 66’), Pascual, Jesús Bernal (Del Pozo 82’), Héber, Manzanara, Carlos Vicente, Álex López (Joselu 59’) e Manu Justo (Jorge Padilla 82’).

UNIONISTAS CF: Salva, David Vicente, Jon Rojo, Ramiro Mayor, Óscar Sanz, Héctor Fernández (Mario Gómez 88’), Borja Díaz (Tropi 62’), Iván Chapela (Korankye 68’), Raúl Beneit (Barros 68’), Alfredo Pedraza e Jesús De Miguel.

GOLES: 0-1 De Miguel (16’).

ÁRBITROS: Álvaro Rodríguez Recio, os asistentes Miguel Murciego Cabezas e David Villabeirán Souto e de cuarto árbitro José Fernández Rodríguez.

AMONESTACIÓNS: Amarelas aos locais Pascual (30’) e aos visitantes Beneit (58’), Pedraza (65’), Óscar (75’), De Miguel (86’), Barros (90+) e Korankye (90+).

INCIDENCIAS: A Malata acolleu a 4000 espectadores na 9ª xornada da Primeira Federación e Jesús Prieto, campión do mundo de Powerlifting, realizou o saque de honra.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas