IVÁN RUMBO: MVP do Premio ao xogador máis regular ante o CDE El Valle

O xogador rozou a unanimidade de puntos neste partido.

O Parrulo Ferrol conseguía dar unha nova alegría á súa afección este sábado, tras impoñerse por 5-1 ao CDE El Valle. Como é habitual, nos partidos que se celebran no Pavillón da Malata realízanse as votacións para o Premio ao xogador máis regular de O Parrulo Ferrol.

Nesta tempada mantense o sistema de votación, no que participan cinco medios de comunicación presentes no partido, valorando con 3 puntos, 2 puntos e 1 punto aos tres mellores xogadores de O Parrulo Ferrol, que se suman á votación que realiza a afección a través da enquisa que se publica nas redes sociais do club ao finalizar o partido e que contan como o sexto voto. Neste partido, participaron representando aos medios de comunicación Ferrol360, La Voz de Galicia, Diario de Ferrol, Bisbarra en Xogo e Galicia Ártabra Digital.

Nesta cuarta votación da tempada Iván Rumbo conseguía ser o máis valorado, rozando a unanimidade de puntos, ao obter 17 dos 18 posibles, sendo a primeira vez na tempada que logra ser o máis destacado, nun partido onde tamén recibiron puntos Adri, Coro, Kevin Chis, Rubén Orzáez e Hélder. Na clasificación xeral hai un novo cambio de líder, con Adri recuperando a primeira posición, con 35 puntos; seguido de Pedro, con 32 puntos e Iván Rumbo, con 25 puntos.

Top 3 das votacións do público:

1º Rubén Orzáez: 41,3% dos votos – 3 puntos

2º Iván Rumbo: 25,1% dos votos – 2 puntos

3º Adri: 15% dos votos – 1 punto

Clasificación do partido ante o CDE El Valle:

1º Iván Rumbo 17 puntos

2º Adri 6 puntos

3º Coro 4 puntos

3º Kevin Chis 4 puntos

5º Rubén Orzáez 3 puntos

6º Hélder 2 puntos

Clasificación xeral do premio ao xogador máis regular:

1º Adri 35 puntos

2º Pedro 32 puntos

3º Iván Rumbo 25 puntos

4º Rubén Orzáez 24 puntos

5º Coro 16 puntos

6º Hélder 7 puntos

7º Kevin Chis 4 puntos

8º Wilson Francia 2 puntos

Info: O Parrulo Ferrol

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas