RACING CLUB FERROL: Golazo, vitoria e tres puntos

O Racing de Ferrol sumou os tres puntos tras superar na Malata ao RB Linense por 1-0 cun golazo de Manu Justo.

O Racing buscou os tres puntos ante un RB Linense que ocupaba a antepenúltima posición da Primeira Federación. Os de Parralo saíron co once formado por Gazzaniga, Brais Martínez, Jon García, David Castro, Enol Coto, Jesús Bernal, Fran Manzanara, Álex López, Héber Pena, Carlos Vicente e Manu Justo, mentres que os de Víctor Basadre Varo, Jesús Muñoz, Joel, Borja López, Omar, Masllorens, Fekir, Delmonte, Loren, Koroma e Connor.

Os ferroláns tiveron a primeira ao minuto de comezar o encontro cunha xogada de Carlos Vicente, que marcha no un contra un de Connor, deixaba o pase para Bernal que tocaba de primeiras atrás a Álex López, que chegaba de segunda liña para rematar desde fóra da área un forte disparo que Varo rexeitaba. Tres minutos despois, de novo Carlos Vicente, que estaba a facer dano pola banda dereita, entraba de novo na área e trataba de filtrar o pase para Manu Justo, pero Varo anticipábase e atrapaba o balón.

O primeiros dez minutos estaban a ser de tenteo, con lixeiro dominio do Racing que tivera a única oportunidade do partido ata o momento nos pés de Álex López. Os locais trataban de encontrar espazos por onde atacar polas bandas, pero o Linense estaba a mostrarse moi sólido nas tarefas defensivas.

No 17′, unha xogada entre Carlos Vicente e Enol Coto termina cun remate do maño buscando con rosca o pau longo da portería defendida por Varo, pero o disparo marchaba fóra por pouco. Os rivais trataban de responder atacando pola banda de Loren, que estaba a ser o xogador máis activo do Linense, pero non lograban crear perigo a Gazzaniga.

No minuto 22 todo o estadio púxose en pé para homenaxear cun emotivo aplauso a Joselu, ausente por lesión desde hai moitas xornadas.

No minuto 40′ o Racing poñeríase por diante cun gran contragolpe. Brais Martínez filtraba para Carlos Vicente, que chegaba preto do área, deixaba para Manu Justo, que desde fóra da área e cun toque de moita calidade, disparaba con rosca por encima de Varo para poñer aos ferroláns co 1-0 no marcador.

Tras o golazo de Manu Justo, o marcador xa non se movería e o encontro marcharía ao descanso cunha primeira parte na que os ferroláns estiveron mellor, pero con poucas oportunidades en ambas as dúas porterías.

O segundo tempo comezou sen que ningún dos dous adestradores movesen o banco. O partido non gozaba de oportunidades claras, co Racing buscando a posesión e co conxunto rival tratando de lograr encontrar algún espazo polo que facer dano, pero sen éxito.

No 57′ Héber entraou pola banda e o seu centrochut estrelábase no traveseiro da portería de Varo. Tras o rexeite, Manu Xusto non puido chegar ao remate.

Víctor Basadre sería o primeiro en mover o banco coa entrada de Alu no 61′ por Masllorens. Catro minutos despois Parralo tamén movería o banco dando entrada a Jaume Jardí e Luis Chacón por Héber Pena e Álex López. O partido seguía sen gozar de oportunidades claras e novamente habería movemento de banco por parte dos visitantes, retirando a Joel e Omar por Duncan e Joao Pedro.

No 72′ chegaría unha boa oportunidade nas botas de Jaume Jardí, que entrou pola esquerda e rematou desde fóra da área cun disparo raso que pasou pegado ao pau.

No 79′ Parralo metía no campo a Manel Martínez por Manu Justo e cinco minutos despois Basadre cambiaría a Jesús Muñoz por Toni García e Loren por Romero. Novamente Parralo faría cambios coas entradas de Bourdal e Del Pozo en lugar de Carlos Vicente e de Enol Coto.

O resultado non se movería e os tres puntos quedarían en casa, puntos que son moi valiosos neste tramo da tempada e que permiten seguir apretando por ese primero posto que daría o ascenso directo.

RESULTADO: Racing 1-0 Linense

RACING CLUB FERROL: Gazzaniga, Brais Martínez, Jon García, David Castro, Enol Coto (Del Pozo 88′), Jesús Bernal, Fran Manzanara, Álex López (Luis Chacón 65′), Héber Pena (Jaume Jardí 65′), Carlos Vicente (Bourdal 88′) e Manu Justo (Manel Martínez 79′).

RB LINENSE: Varo, Jesús Muñoz (Toni García 84′), Joel (Duncan 72′), Loren (Romero 84′), Borja López, Omar (Joao Pedro 72′), Masllorens (Alu 61′), Fekir, Delmonte, Koroma e Connor.

GOLES: 1-0 Manu Justo (40′).

ÁRBITROS: Manuel Pozuela Rodríguez como principal, José Miguel Álvarez Borbolla e Jesús Rodrigo Gonzalo como asistentes e Martín Carlos Agudo Daza como cuarto.

TARXETAS: Amoestaron aos visitantes Loren (28′), Muñoz (71′) e Connor (84′).

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 34ª xornada da Primera Federación disputada no estadio A Malata cunha asistencia de 5500 afeccionados.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas