DAVID GÓMEZ: O porteiro saíu como xogador de campo

Unha das anécdotas que viviu A Pedreira ante a SD Fisterra foi a presenza do porteiro do Galicia de Mugardos, David Gómez, que partía como suplente vestido de xogador de campo.

David saíu case ao final do encontro lucindo unha vendaxe nun dos seus dedos da man dereita, e aínda que non podía estar baixo os paus defendendo a portería, achegou todo o que puido como xogador, e como adoita ser habitual polo agarimo que lle ten a afección, con cada balón que tocaba, o público animaba sen cesar. Unha imaxe similar á do mítico porteiro e actual director deportivo da RFEF, José Francisco Molina, cando debutou coa selección española como extremo esquerdo nun amigable ante Noruega o 24 de abril de 1996 no Ullevaal Stadion.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas