RACING CLUB FERROL: Sumou os tres puntos nun gran partido dos ferroláns

O Racing levou a vitoria nun bo partido dos ferroláns tras superar por 2-0 ao Pontevedra CF con goles de Manu Justo e Carlos Vicente.

Cristóbal Parralo saiu co once inicial formado por Gazzaniga, Aitor Pascual, Jon García, David Castro, Enol Coto, Jesús Bernal, Fran Manzanara, Carlos Vicente, Héber Pena, Luis Chacón e Manu Justo. O Racing comezou mandando con chegadas pola banda de Héber, aínda que sen ofrecer perigo. Aos 3 minutos de encontro, Aitor Pascal lanzou unha falta que marchaba por arriba da portería.

No minuto 25′ o Racing rondou o gol nunca dobre ocasión, primeiro nun pase de Carlos Vicente a Luis Chacón que remataba ao pau e no rexeite disparaba Manu Justo, pero o balón golpeaba nun defensor.

No 39′ os locais dispuxeron dunha nova ocasión de Manu Justo que superaba a Cacharrón, pero Derik salvaba o tanto ferrolán na mesma liña de gol. Antes do descanso, unha falta lanzada por Héber marcharía por moi pouco por arriba da portería visitante e co 0-0 chegaríamos ao descanso.

As cinco minutos da segunda metade o Racing poñeríase por diante co 1-0 tras un remate de cabeza de Carlos Vicente nun córner e que Manu Justo desvía co peito para cambiar a dirección do disparo e engañar a Cacharrón.

O Racing estaba a mandar no resultado e no campo, chegando con perigo polas bandas por parte de Héber e Carlos Vicente.

No 64′ o Racing volvería a golpear cunha boa xogada colectiva e na que Carlos Vicente entraría no área e terminaría disparando cruzado e anotando o segundo da tarde.

O Racing non pasou apuros nos minutos restantes, controlando o xogo e chegando á portería rival aínda que sen moito perigo. Ao final, os de Parralo sumaron os tres puntos para continuar na loita polos postos de ascenso.

RESULTADO: Racing 2-0 Pontevedra CF

RACING CLUB FERROL: Gazzaniga, Aitor Pascual, Jon García (Quique Fornos, 5′), David Castro, Enol Coto, Jesús Bernal, Fran Manzanara, Carlos Vicente (Pep Caballé, 83′), Héber Pena (Jaume Jardí, 72′), Luis Chacón (Del Pozo, 83′) e Manu Justo (Jorge Padilla, 72′).

PONTEVEDRA CF: Cacharrón, Víctor Vázquez, Miguel Román, David Soto, Álex González, Martín Diz (Berni, 76′), Álex Masogo (Borja Domínguez, 45′), Derik (Víctor Casais, 42′), Bakero (Yelko Pino, 84′), Luis Martínez e Javi Robles (Ángel Bastos, 76′).

GOLES: 1-0 Manu Justo (50′) e 2-0 Carlos Vicente (64′).

ÁRBITROS: Fernando Bueno Prieto como principal, Mario Martín Consuegra e Vicente Almarche González como asistentes e Jesús López Fernández como cuarto.

TARXETAS: Amoestaron ao local Pep Caballé (87′) e aos visitantes David Soto (9′), Derik (30′), Víctor Vázquez (32′), Miguel Román (35′) e Yelko (89′).

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 24ª xornada da Primera Federación disputada no estadio A Malata cunha asistencia de 4000 afeccionados.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas