RACING CLUB FERROL: Cede un empate nos minutos finais

O Racing non logra superar a un combativo Ceuta e cede un empate en casa co resultado de 1-1.

Comezou mandando o Racing e no minuto 8 deu o primeiro aviso cun centro de Héber que remataba de primeiras Carlos Vicente e lograba rexeitar Mejías. No minuto 14 idéntica xogada, pero nesta ocasión desde a outra banda e con centro de Carlos Vicente ao que Manu Justo non chegou por pouco a rematar, aínda que a xogada estaba invalidada por fóra de xogo, e tan só 2 minutos despois, Luis Chacón dispararía desde fóra da área e o balón marchou por pouco.

No 29’, unha falta lanzada por Héber rematouna David Castro de cabeza, pero Mejías conseguía parar. Ata o final do primeiro tempo, o marcador non se movería, cun Racing que dominaba, pero non lograba crear perigo e un Ceuta que non achegouse á portería defendida por Gazzaniga.

No segundo tempo, o Racing seguía dominando o encontro, aínda que o Ceuta chegou con algo de perigo nunha boa xogada de Adri Cuevas na que o balón iría rexeitado ao lateral da rede racinguista. O Racing respondería no 52′ cun bo pase filtrado de Héber para Luis Chacón e que pondría un bo balón ao que non chegaría Carlos Vicente por pouco.

O partido volveríase moi activo e o Ceuta gozaría dunha nova oportunidade nas botas de Adri Cuevas que pararía Gazzaniga. Pero no 58′ David Castro abriría o marcador tras rematar un córner que lograba tocar Mejías, pero o balón entraría na portería.

O Racing non lograba pechar o partido e o Ceuta o aproveitaría nunha contra no 79′ na que Rodri lograría superar a Gazzaniga nun man a man para poñer o empate no marcador.

Manel Martínez, que debutou ao entrar no 70′, gozaría da última ocasión tras rematar fóra de cabeza.

RESULTADO: Racing 1-1 Ceuta

RACING CLUB FERROL: Gazzaniga, Jon García, David Castro, Enol Coto, Brais Martínez, Jesús Bernal, Luis Chacón (Del Pozo 75′), Héber Pena (Jaume Jardí 75′), Álex López, Carlos Vicente e Manu Justo (Manel Martínez 70′).

AD CEUTA: Tomás Mejías, Capa (Pablo 71′), Reina, Rodrigo, Luismi (Aisar 63′), Juan Gutiérrez, Alain, Adri Cuevas (Ñito 63′), Danese, Samu Casais (Julio Iglesias 45′) e Macías.

GOLES: 1-0 David Castro (58′) e 1-1 Rodri (79′)

ÁRBITROS: Alberto Fuente Martín como principal, Ángel Ramos Cinos e Pelayo Corgo Suárez como asistentes e Álvaro Juncal Moreira como cuarto.

TARXETAS: Amarela aos locais Manel Martínez (78′), Enol Coto (87′) e Del Pozo (90+) e aos visitantes Rodrigo (1’), Samu Casais (35’), Luismi (37’), Alain (60′) e ao adestrador José Juan Romero.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 21ª xornada da Primera Federación disputada no estadio A Malata cunha asistencia de 3000 afeccionados.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas