RAFAEL VILLARES ACEITUNO: Deseño e comunicación

Nesta nova edición, Rafael Villares Aceituno, “Rafa”, fundador e deseñador de Creatigal, encargado do deseño e maquetación da nosa revista, da comunicación nas RRSS e páxina web, fará balance do noso proxecto.

ACTUALIDADE

“É para min un pracer presentarme ante todos vós e agradecervos a enorme acollida que está a ter a revista. O noso obxectivo é ofrecervos a todos os seguidores e lectores de Bisbarra en xogo un produto de calidade, estético e apto para todo tipo de público. Cada día son máis as persoas que nos len e apoian, facendo que, neste proxecto tan prometedor, todos acheguemos o noso granito de area nun mundo tan amplo como son as comunicacións deportivas. Agradecer tamén ao director da revista, José Pena Canedo, por ofrecerme a oportunidade de deseñar para Bisbarra en xogo, así como aos redactores e fotógrafos que participan no proxecto pola súa gran profesionalidade e confianza”.

RRSS

“Cada semana crecemos en seguidores e interactuación co público. Queremos ofrecervos un contido desde un enfoque positivo, que vos resulte entretido de ler e contarvos a actualidade deportiva das nosas zonas de maneira clara. Deste xeito, chegamos a máis de 300 seguidores en Instagram, máis de 170 en Twitter e máis de 300 en Facebook. Unha vez máis, agradecervos a confianza depositada en nós”.

FUTURO

“Para esta nova tempada, nas RRSS seguiremos a nosa liña comunicativa, compartindo contido dos nosos equipos e anunciando nosas propias noticias exclusivas. Ademais, tras o éxito obtido no sorteo deste verán de 20 polos, prepararemos outro para Nadal con novos premios. En canto ás revistas, dado o éxito da nosa edición (Bergantiños – Arteixo – A Costa – Muros – Xallas), proximamente anunciaremos dúas novas edicións independentes que abarquen máis lugares da provincia da Coruña.”

Deséxovos que gocedes moito con esta nova entrega de Bisbarra en xogo!!!

Moitas grazas!!!

Rafael Villares Aceituno
Deseñador e responsable de comunicacións

Compartir:

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on pinterest
Pinterest
Share on linkedin
LinkedIn

Novas relacionadas

BILLARDA: 8ª xornada

A oitava xornada da Conferencia Noroeste de Billarda celebrouse no campo de fútbol municipal do Pastoriza SCD. CATEGORÍA INFANTIL: 1º Kevin (APB – A Laracha).