Salvamento e Socorrismo: Campionato de España da categoría Máster

Disputouse os días 25 e 26 de maio en Sanxenxo o Campionato de España da categoría Máster en Sanxenxo, onde participaron representando a Costa da Morte o Club Virsal de Carballo, o Club Sysca de Carballo e o Club Salvar de Arteixo, nunha cita que contou cun total de 213 deportistas, divididos en 25 clubs de toda España, sendo 8 deles de Galicia.

Na clasificación xeral, o Club Virsal de Carballo que participou con 9 deportistas foi o mellor clasificado dos equipos costeiros, finalizando na 12ª posición con 430 puntos, seguido do Club Sysca de Carballo que participou con 8 deportistas e finalizou na 14ª con 359 puntos. O Club Salvar de Arteixo que participou cun único deportista finalizou na 25ª posición con 34 puntos.

As condicións climatolóxicas non axudaron na xornada do sábado, aínda que por sorte o domingo experimentaron unha clara melloría, o que aproveitou o Club Virsal de Carballo para colleitar moi bos resultados. Así na proba de Sprint conseguiron dous 3º postos, obtidos por Luz María Quintáns e por Alberto Martínez. Pablo Rodríguez que debutaba en competición conseguiu 3º postos nas probas de Carreira con Ski, Carreira con Tabla e Rescate en Tabla, está última conxuntamente con Alberto Martínez. Por último o Club Virsal de Carballo conseguía dous 2º postos, un de Andrés Fernández na proba de Ski e outro de Luz Quintáns na proba de Bandeiras. No resto das probas, todos os deportistas do club acadaron bos resultados, puntuando en todas elas.

No Club Sysca a deportista máis destacada foi África Alberti que conseguiu o 1º posto nas categorías de Sprint e de Bandeiras, así como un 3º posto na proba de Rescate en Tabla. Nas probas de relevos o Sysca conseguiron dous 2º postos nas probas de Sprint e de Rescate en Tabla.

AS PONTES E LAXE, PRÓXIMAS CITAS
A categoría Máster terá como últimas citas a 3ª xornada da Liga de Augas Abertas que terá lugar no Lago de As Pontes de García Rodríguez o domingo 2 de xuño, así como o Campionato Galego, unha cita importante que pechará a tempada o próximo domingo 16 de xuño na praia de Laxe.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucía Rivas: de verde a laranxa

Lucía Rivas finalizou a súa etapa no conxunto verde do Valdetires para enfundarse o laranxa dun Viaxes Amarelle no que compartirá vestiario con coñecidas como

Álex Permuy: cumprindo un soño

Falar de Smash Padel 4 é falar do seu fundador Álex Permuy e unha vida plenamente dedicada ao deporte, coñecido polo seu pasado futboleiro (Numancia