SCRATCH FENE: Édgar Vigo e Fátima Ameneiro volven cos seus primeiros 24 puntos do ERT de Portugal

Os de Fene loitarán neste 2023 por un posto de honra no FIA European Rally Trophy.

A pasada fin de semana disputouse en Portugal o Rali Terras D´Aboboreira, 2ª cita puntuable para o FIA_ERT e 1ª do calendario para os feneses Édgar Vigo e Fátima Ameneiro. Neste rallye, os de Fene lograron clasificarse en 2ª posición dentro dos Rally5, o grupo de vehículos no que estaban englobados e a través do que obterían os puntos para o campionato. Non foi sen loitalo, xa que no último tramo, cando estaban en 3ª posición a 18” do 2º posto, decidiron atacar e unha picada ao comezo da especial, parecía que lles arruinaría a competición, pero o estado da pista de terra estaba tan esnaquizado que non só eles picaron, senón que o fixeron 20 equipos máis e entre eles, o inmediatamente anterior na xeral, tras ser máis lento que os de Fene no cambio de roda. Deste xeito, os de Fene, sen esperalo, obtiñan a 2ª posición.

Édgar Vigo: “Ao tomar a saída no rallye cun Renault Clio Rally5, o debido a que nos correspondeu na lista foi moi atrasado e atopabámonos os tramos literalmente rotos. Foron moitos os compañeiros que dicían que o último tramo parecía un Dakar, sen visibilidade, con anacos de coches polo camiño e pedras enormes que afloraban en cada curva. Ao final, ao ver que non fomos os únicos que picamos e que fixemos o cambio de roda moito mellor que noutras ocasións, vímonos moi contentos. Nas carreiras, como na vida, non podes renderche nunca”.

Fátima Ameneiro: “Despois de 1 ano sen competir, volvín a recuperar o ritmo e a tensión da competición e estou moi contenta. O rallye foi moi duro e tivemos que loitar durante toda a carreira cun coche ao que tardamos en axustarnos xa que parecía que nunca facía pé. Agora, espéranos Francia en menos de 2 semanas”.

Na próxima proba o equipo desprazarase aos Alpes franceses, na fronteira con Suíza, para afrontar o Rally Ain Jura, seguinte proba do FIA_ERT na que tomarán parte, nesta ocasión, a bordo dun Peugeot 208 Rally4 e en asfalto.

Info e imaxes: Escudería Scratch Fene

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas