VÍCTOR SENRA: Hexemonía do seis veces campión

O piloto seis veces campión Víctor Senra comezou o 2023 cunha hexemonía intratable no campionato galego de rallyes onde acadou tres contundentes vitorias nas tres probas disputadas ata o momento: no 27º Rally da Coruña, no 37º Rally Berberecho de Noia e no 5º Rally A Mariña Lucense.

O equipo formado polo piloto dumbriés e David Vázquez Liste no seu Citroën C3 WRC mandaron en cada unha delas, e unicamente Alberto Meira é único rival capaz de seguir ao seu rebufo, pero con diferenzas ata o momento. Víctor mostra unha pilotaxe segura, agresivo e moi sólido en cada un dos tramos que afrontou.

27º RALLY DA CORUÑA

O dumbriés impuxo a súa lei con gran autoridade na edición 27ª do Rali da Coruña. Realizou o mellor tempo en sete dos oito tramos de que constaba a cita. Dos 113 equipos participantes non chegaron a finalizar 39.

Víctor Senra comentou tras a vitoria: “Experiencia positiva desde ou primeiro metro. Encontreime moi cómodo aínda que ou rally estaba moi complicado. Unha fin de semana incrible na miña casa rodeado da miña xente”.

37º RALLY BERBERACHO DE NOIA

Víctor Senra estivo intratable para conquistar o 37º Rally Berberecho de Noia e afiánzase na clasificación do campionato con dúas vitorias no arranque da tempada 2023. O de Dumbría volveu ter a Alberto Meira como principal rival, pero novamente demostrou unha gran regularidade ao longo dos tramos. Dos 120 equipos que competiron na segunda cita, máis dunha trintena non puideron finalizar a proba.

5º RALLY A MARIÑA LUCENSE

Víctor Senra e David Vázquez sumaron o seu terceiro triunfo en outras tantas disputadas no Rallye Mariña Lucense, puntuable para o Campionato de Galicia de Rallyes. Senra e Vázquez, aos mandos do Citroën C3 WRC, non deron opción aos seus rivais durante toda a fin de semana dos días 12 e 13 de maio ao marcar o mellor crono en oito dos dez tramos cronometrados. No segundo lugar da clasificación, Alberto Meira e Avelino Martínez, que foi o único equipo capaz de roubarlle algún mellor tempo nos tramos da Mariña e finalmente resultaron vencedores do Supercampionato R5 e Top Ten Pirelli Driver Autia. Dada a dureza da proba, dos 85 equipos que tomaron a saída, non puideron finalizar 24.

Víctor Senra: “O balance é moi positivo. É un rallye moi difícil, trabucámonos de neumáticos e cometemos erros, pero conseguimos o obxectivo e que continúe a refacho. Decidiremos a última hora seguir co Citroën ou cambiamos”.

Foto: Nacho Carballeira

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Berto, o “camero” do Somozas

Se xuntamos defensa e gol, lembramos ao camero Sergio Ramos, pero se engadimos Somozas, temos a Alberto Rodríguez Fernández, “Berto” (Ferrol, 2000), que se destapou