Esta fase estará formada por dos grupos, Norte e Sur, con seis equipos en cada un dos grupos.
A SD Sofán será un dos seis conxuntos que formarán parte do grupo Norte para a fase de ascenso de Preferente á 3ª RFEF onde tamén estarán no mesmo grupo o Atlético Coruña Montañeros, o CF Noia, a SD Sarriana, o CD Boiro e o Club Lemos. No grupo Sur, estarán o Atlético Arnoia, a UD Barbadás, o Gran Peña FC, o Villalonga FC, a SD Juvenil de Ponteareas e o CD Cultural Areas.
Os seis conxuntos de cada grupo xogarán unha liguiña de catro xornadas a unha soa volta na que os equipos que proveñen do mesmo grupo non se enfrontarán. Os campións de cada grupo na primeira fase, entre eles a SD Sofán e máis o CF Noia e a SD Sarriana no grupo Norte, comezarán con 3 puntos de inicio como premio, mentres que os que foron segundos comezarán a liguiña con 1 punto. Ademáis, os primeiros clasificados da 1ª fase xogarán un partido como local e outro como visitante contra os outros primeiros.
Os dous primeiros clasificados en cada un dos grupos ascenderá á 3ª RFEF.
As catro finais da SD Sofán serán as seguintes:
Xornada 1 (6 de xuño): SD Sofán VS CF Noia
Xornada 2 (13 de xuño): SD Sarriana VS SD Sofán
Xornada 3 (20 de xuño): Club Lemos VS SD Sofán