Seis medallas e un récord do clube para AD Fogar en Ourense

Os pasados 8 e 9 de febreiro catro dos nadadores da AD Fogar tomaron parte no Campionato Galego Júnior de Inverno e a Copa Galega Sénior celebrados na Piscina Municipal Rosario Dueñas de Ourense con 27 clubs e 289 nadadores en liza. Os/as juniors callaron unha boa actuación rematando na 13ª praza feminina, a 17ª masculina, e a 15ª conxunta por equipos, aínda sen a posibilidade de nadar as remudas.

As seis medallas do campionato foron desta volta para Anxo Fuentefría de 16 anos (4), ouro nos 200 braza e estilos e prata nos 100 braza e os 400 estilos; e tamén para Valeria Rodríguez de 16 anos (2), ouro nos 50 braza e bronce nos 50 costas. Compre destacar a 6ª praza de Carla Mourelle nos 100 braza na categoría conxunta das mozas de 17 e 18 anos; e tamén os 2º postos de Martín López nos 50 e os 100 braza da Copa Galega Senior na que só se premia aos mellores nadadores por puntos WAQ.

A mellor marca do club batéuna Anxo Fuentefría de 16 anos na proba dos 200 braza.

Info e fotos: AD Fogar

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucho: “A clave é a confianza”

O centrocampista de corte defensivo do Galicia de Mugardos, Luis Dopico Martínez (Ferrol, 2003), coñecido como Lucho, formouse nas categorías inferiores do Racing e tras