Cinco integrantes do AD Fogar coas seleccións galegas de natación

Os nadadores infantís, Noa Ferreiro (2011) e Carlos Casal (2010), o júnior Anxo Fuentefría (2009) e o adestrador Héctor García, veñen de ser convocados pola Federación Galega de Natación para participar co combinado que representará a Galicia no XIII Campionato de España de Natación por Federacións Autonómicas Infantís e Juniors.

Torneo que se disputa os días 14, 15 e 16 de febreiro nas piscinas municipais de Son Hugo en Palma de Mallorca e no que tomarán parte 18 comunidades autónomas e 494 nadadores.

Outra das convocadas é a nadadora alevín Carla Giance (2012), que acode coa FEGAN ao XI Campionato de España de Natación por Federacións Autononómicas en Idade Escolar. Desta volta Carla viaxará a Valladolid para participar do 21 ao 23 de febreiro no torneo estatal que reúne na piscina municipal de Parquesol a 18 federacións e 383 nadadores e nadadoras.

Info e fotos: AD Fogar

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Álex Varela: “Reforzámonos ben”

Desde a ambición competitiva e o instinto goleador emerxe Alejandro Varela Maceiras (Miño, 1998), coñecido como Álex Varela. Mediapunta de formación e dianteiro por determinación,

Artai: “Somos unha piña”

O atacante Artai Miraz Casal (Ferrol, 1997) é vertixe e determinación ao servizo do Meirás, onde afronta a súa segunda tempada. Formouse no Racing desde