A UD Corcubión presentou o 14 de marzo a camiseta do 50º aniversario da súa fundación na capela do Pilar fronte a unha vintena de afeccionados e con presenza do presidente do club Carlos Lema.
O deseñador da camiseta Saulo Lado Gómez traballou intensamente para dar á mesma unha serie de particularidades. Así, a elástica presenta unha característica moi marcadas:
– Nome da camiseta é Carrumeiro, que vai na parte superior das costas, e como marca de auga no fronte.
– Franxas azuis con fondo son similar aos azulexos do miradoiro da localidade.
– Números de deseño propio con franxa diagonal análoga á da bandeira de Galicia en espello.
– Letras que recolle a peza son gaélicas.
No acto de presentación da camiseta da UD. Corcubión utilizouse un proxector para reflectir momentos importantes na traxectoria do club nas súas distintas épocas.
A camiseta puidérona ver os afeccionados con motivo do encontro de Segunda da Costa entre a UD Corcubión e o Muxía CF (19-3-2023), que estivo exposta no campo municipal Novo Cubeleiro. Nese encontro xa se venderon un bo número de elásticas conmemorativas. Ese día, o primeiro persoal da UD Corcubión puxo as camisetas en exclusiva para saír nestas páxinas de Bisbarra en Xogo.
Os comentarios dos afeccionados foron moi positivos, e o que máis se repetiu foi “Que chula”. O presidente do Corcubión, Carlos Lema, está a traballar, conxuntamente cos demais integrantes da xunta directiva, para seguir programando unha serie de actos co fin de celebrar como se merece esta onomástica do 50º aniversario da súa fundación, que tivo lugar o 2 de decembro de 1972. Haberá mesas redondas, exposicións e algunha que outra sorpresa que se irán desvelando ao longo dos próximos meses.