Estará finalmente con España na Liga Europea
O líbero vén de coñecer que será, finalmente, un dos representantes da selección española na Liga Europea que se celebrará a finais deste verán pola ausencia de Aharón Gamiz por motivos personais e debutou con vitoria ante Túnez (1-3). Tras comezar no Manuela Rial, crecer en Dumbría e dar o salto á Superliga 1 hai dous anos (primeiro en Lugo e despois en Santander), o ser preconvocado e posteriormente convocado debe ser considerado de éxito rotundo para un rapaz da súa idade (acaba de cumprir os 21), que ademais xoga nun club que non puido manter a categoría.
Bisbarra en xogo tivo o pracer de entrevistarlle no momento en que foi preconvocado e antes de coñecer que finalmente sería un dos seleccionados para xogar co combinado español na Liga Europea.
Que tal te encontrastes na concentración e que significou compartir experiencias con algúns dos teus ídolos?
A verdade é que xenial, porque me integrei moi ben co grupo debido a que a maioría xa os coñecía dalgunhas concentracións das seleccións inferiores. E cos mais maiores igual, son xente que desde que eu era pequeno xa os tiña como referentes porque xa estaban na elite e estou moi contento de poder adestrar con xente como Andrés Villena.
Hai moita diferencia de aquelas concentracións das seleccións inferiores a esta coa absoluta?
Sobre todo a nivel físico, porque daquela éramos uns rapaces cando xogábmos. Agora, ese crecemento físico e de altura nótase moito na forza ca que che ven o balón cando tes que recibir.
Como é o día a día na concentración?
Espertámonos sobre ás 7:45 da mañá, facemos o almorzo todos xuntos e ás 9:00 nos imos xa directos para o pavillón, para comezar o adestramento, que dura ata as 13:30. Logo, as 14:00, temos a comida, descansamos ata as 16:00 e xa volvemos a adestrar ata as 20:00. Por último, as 21:00, temos a cea e cada un para a súa habitación. Así que estamos, practicamente, todo o día centrados no voley.
Desfrutastes a experiencia? Ou a presión por gañar un posto cho impidiu?
Pois desfrutar a verdade é que non o desfrutei moito. Seguro que pasados os anos, cando deixe de participar nestas concentracións, recordarei estas experiencias e entón si que o desfrutarei o dobre que agora, porque a presión de facelo ben para que che seleccionen faiche deixar un pouco de lado a parte divertida. Pero iso, seguro que no futuro lle dou máis valor.
Por certo, fala moito do teu nivel que che seleccionasen para a convocatoria estando nun equipo que finalmente descendeu (Textil Santanderina)…
Si, porque aínda que a nivel grupal non puidemos acadar os resultados esperados, eu a nivel individual creo que si que fixen un bo ano. Por iso, me pon contento que me recoñezan ese mérito.
Tan bo ano, que parece ser que che imos seguir vendo en superliga…
Si, si, xa hai algún contacto por ahí…
Fora da pista, ¿Como levastes o primeiro ano fora de Galicia?
Leveino bastante ben, aínda que xa non podía facer como o ano pasado en Lugo, que me collía o coche e ía para casa cando quixese. Ademais este ano, con todo o problema da pandemia, metémonos case que nunha burbulla de só voleibol e me adaptei bastante ben, porque toda a vida social era cos do equipo.
Pese a distancia, seguistes ben de preto o que facía o Voley Dumbría. Coa túa experiencia en Superliga, ¿Cres que é un equipo xa preparado para competir ao nivel máis alto?
A ver, é certo que o cambio de Superliga 2 á Superliga é o máis grande de todas as categorías que hai no voleibol español. Non obstante, no que máis se notaría sería no económico. Habería que investir máis no equipo, nos viaxes e en todo, pero se logran eses fondos, creo que teñen argumentos suficientes para estar na Superliga.
Xa por último, vos dades conta que o éxito que estades a ter esa xeración de rapaces que saístes do Manuela Rial, converteu ao Voleibol nun dos deportes máis practicados da nosa bisbarra?
É certo que se nota ese crecemento. Eu cando era pequeno recordo coñecer a dúas ou tres persoas que xogaran ao voleibol aparte nosa, pero agora se nota que xa moita xente polo menos fala do deporte. Ao mellor vas a tomar algo, e xente do bar che felicita polo partido ou por esta convocatoria. E nós encantados claro, de que a nivel mediático crecera e de que a xente da rúa fale do voleibol.