UNIÓN DEPORTIVA CERQUEDA: Gran comezo de tempada

Está a facer unha ilusionante tempada despois do seu debut o pasado exercicio na 2ª División Autonómica.

A marcha que está a demostrar esta tempada a Unión Deportiva Cerqueda deixa clara a asimilación que tiveron as futbolistas na pasada campaña, na que debutaron na categoría de Segunda División Autonómica feminina. O equipo sufriu cambios, o primeiro que Guillermo Guillamett Fernández (A Coruña, 1966) é o novo adestrador, xa que Jorge Guillamett fíxose coas rendas do equipo masculino de afeccionados. A formación malpicá incrementou o número de xogadoras, xa que agora o persoal fórmana 21 deportistas, das que oito son novidade, procedentes do Bergantiños FC, Cabana SD, Corme CF, fútbol sala e algunha que estaba sen xogar. Aínda que agora sumáronse dúas xogadoras máis, Ana Varela (fútbol sala) e Nuria Varela (sen xogar), polo que o equipo pasa a 23.

O equipo tivo que liquidar a baixa importante da súa porteira Nuria Tuset, que se foi para a SD Tordoia. De tal forma, que agora a xogadora de campo Lydia Verdía é a cérbera. E mesmo a defensora Lucía Dourado tamén tivo que poñerse baixo os paus nesta liga. A pesar deste contratempo, o conxunto está a demostrar gran madurez e leva unha marcha impecable neste inicio de competición.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas