VI CICLOCRÓS VAL DE ESMELLE: Disputouse a segunda proba puntuable para a Copa de Galicia tras a de Betanzos

A segunda xornada da Copa Galicia disputouse no Val de Esmelle o pasado domingo tras a primeira proba de Betanzos realizada o día anterior.

O evento, organizado polo Club BTT Esmelle, dispuxo dun circuíto de 2,9 quilómetros no que os ciclistas atravesaron zonas de herba, barro, auga e asfalto, ademais de obstáculos artificiais.
O ceo, totalmente nubrado, facía presaxiar que a choiva formaría parte da proba e non defraudou en gran parte do evento, facendo que o circuíto lucise aínda máis espectacular con camiños embarrados.

Os gañadores do Elite-Sub23 foron Samuel González (Máis que bicis) con 00:58:22 e Laura Mira (GD Supermercados Froiz) con 00:49:49.

En júnior venceron Martín Díaz (Caimanes Betanzos) con 00:40:35 e Uxía Soto (GD Supermercados Froiz) con 00:48:58, e en cadetes foron Néstor Frías (Avanza O Porriño) con 00:30:59 e Lorena Patiño (XSM San Tomé de Piñeiro) con 00:37:22.

Finalmente, o Máster 30 foi para Augusto Midao con 00:38:16 e Iria Nieto (Compostelano CC) con 00:49:44, o Máster 40 para Rogério Matos con 00:38:37 e Marina González (Illas Cíes Cycling Team) con 00:35:40, o Máster 50 para Antonio Sousa con 00:39:52 e o Máster 60 para Antonio González (Salvaterra de Miño CC) con 00:46:10.

Compartir:

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on pinterest
Pinterest
Share on linkedin
LinkedIn

Novas relacionadas

BILLARDA: 8ª xornada

A oitava xornada da Conferencia Noroeste de Billarda celebrouse no campo de fútbol municipal do Pastoriza SCD. CATEGORÍA INFANTIL: 1º Kevin (APB – A Laracha).