A cuarta xornada, que ía xogarse en Paiosaco, finalmente disputouse no pavillón de IES Agra de Leborís (A Laracha), debido ao mal tempo da pasada fin de semana.
Os resultados foron os seguintes:
Categoría absoluta:
1º Juan Carlos (Campo da Feira – Paiosaco).
2º Edu García (Campo da Feira).
3º Miranda (Filloas de Sangue – A Coruña).
Categoría feminina:
1ª Cruz (Campo da Feira).
2ª Irene (Cochiqueiros – Cerceda).
3ª Merche (APB – A Laracha).
Categoría infantil:
1º Miguel Cancela (Campo da Feira).
2º Valentín (Filloas de Sangue).
3º Kevin (APB).
Categoría equipos:
1º Campo da Feira
2º APB
3º Cochiqueiros
Como anécdota da xornada, os tres membros da mesma familia, Cancela Iglesias, formada por Juan Carlos, Cruz e Miguel, subiron ao podio nas categorías absoluta, feminina e infantil respectivamente.
Campo da Feira, con 276 puntos, achegouse na clasificación xeral a APB que lidera con 279 puntos.
No «terceiro tempo», os participantes puideron degustar a famosa empanada de marisco das Rías Baixas.
Dende a Liga Atlántica de Billarda agradeceron ao Concello da Laracha por facilitar as súas instalacións e ao Campo da Feira de Paiosaco pola organización desta xornada e polos trofeos feitos nas cerámicas de Buño para os/as premiados/as.