VI GRAN FONDO ÉZARO 2021: unha edición renovada

Ata 1000 ciclistas poderán desfrutar da Costa da Morte nunha renovada edición do Gran Fondo Ézaro 2021.

Un ano máis, o concello de Dumbría volveu a escoller o emblemático Hostal dos Reis Católicos como sede para a presentación do Gran Fondo Ézaro. Repetiu tamén Terio Carrera como presentador, que deu a coñecer tódolos detalles sobre a proba ciclista que se celebrará o vindeiro 11 de xullo.

Será “a proba deportiva máis grande e participativa que se vai a celebrar neste verán de 2021”, como afirmou o presentador, xa que se prevé chegar ata os 1000 participantes, sempre e cando a pandemia siga evolucionando favorablemente.

Uns ciclistas que terán que dar negativo nos test de covid auto que a organización realizará o día previo á proba nun lugar aínda por determinar. Trátase da parte máis importante dun protocolo que tamén obriga a poñer máscara na saída e na meta e a cancelar calquera celebración posterior, como as comidas que se viñan facendo nas anteriores edicións.

Outra das novidades neste 2021 será o percorrido, e iso que o circuíto non daba moitas posibilidades para modificacións. Pero un dos principais impulsores, o ciclista Ezequiel Mosquera desvelou que “sempre quixemos ir ata Touriñán, pero o estado da estrada non no lo permitía”. Non obstante, a reforma lograda hai uns meses permite que este ano si se poda ir pola beira do mar en todo ese tramo. “Así se desfrutará aínda máis da Costa da Morte”, sentenciou Mosquera.

Dende a organización pretenden que o Gran Fondo Ézaro 2021 sexa “o símbolo dunha nova normalidade”, polo que se coidarán ao máximo tódolos detalles. E iso que, debido a incerteza da pandemia, este ano non formará parte das world series do ciclismo internacional, unha costume que se recuperará en 2022.

“O Gran Fondo Ézaro é clave para comprender o crecemento turístico destes últimos anos na nosa bisbarra”, concluíu José Manuel Pequeño, alcalde de Dumbría, antes de rematar un acto no que, ademais, tamén estiveron presentes Juan Manuel Saborido, alcalde de Carnota, Margot Lamela, alcaldesa de Cee e Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo. Un acto que rematou cun emotivo vídeo en recoñecemento ao persoal sanitario e no que se podían ver imaxes de anteriores edicións. Todo acompañado coa banda sonora do Gran Fondo Ézaro 2021, “Further On Up the Road”, de Johnny Cash, que ironiza sobre o xa famoso muro do mirador.

Vídeo da presentación.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

O Parrulo vence e convence

Primeiros tres puntos para O Parrulo tras vencer no pavillón da Malata ao UD Ibiza por 6-2 na segunda xornada da Segunda División Futsal. Bonito

Manu Méndez, lenda do Balonmán Xiria

“Un xogador diferente e especial”. Así poderíase definir ao que agora pasa a ser unha lenda do Balonmán Xiria, Manuel Méndez Cabeza, “Manu” (Carballo, 1989),