Xabi Mauriz campión da Copa de España infantil de Canarias

O pasado sábado 13 de decembro disputouse, en Granadilla de Abona (Tenerife), a Copa de España Infantil e Cadete de Canarias.

O club AD Judo Ferrolterra desprazou a 13 competidores entre as dúas categorías. Pola mañá tivo lugar a categoría cadete onde o club conseguiu tres merecidas medallas: Hugo López, prata en -50kg, Lolo Picos, prata en -90kg e Marcelo Eibe, bronce en -90kg. Os seus compañeiros de club, Lucía Soto, Amelia Tenreiro, Xoel Siso e Iría Martínez non puideron pelexar polas medallas nas súas respectivas categorías de peso.

Pola tarde foi a quenda dos infantís, onde destacou a gran actuación de Xabi Mauriz que realizou unha excelente competición impoñéndose por Ippon a todos os seus rivais e quedando así campión na categoría de +66kg. As súas compañeiras de club Xeila Herrera(-52kg) e Alejandra Álvarez (+63kg) realizaron tamén unha moi boa competición, quedando prata nas súas respectivas categorías. Xabi Allegue, Iago Miño e Alba Bollo non puideron pelexar polas medallas.

Estiveron acompañados polos profesores do Club, Alberto Castro, Alberto López “Pitu” e Carlos Botana.

Info e foto: AD Judo Ferrolterra

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas