Carballo viviu unha noite histórica coa celebración da primeira edición dos Premios do Deporte, un evento que naceu para recoñecer o esforzo, a dedicación e os logros dos deportistas, clubs e entidades que impulsan a actividade deportiva no municipio.
A noite do venres foi especial pola celebración dos I Premios do Deporte Concello de Carballo que tivo lugar no Pazo da Cultura ante unha gran asistencia de espectadores, contando con distintas personalidades como o alcalde del municipio carballés, Daniel Pérez, o vicepresidente de la Diputación, Xosé Requeira, o diputado provincial de deportes, Antonio Leira, a directora territorial da Concellería de Presidencia, Mar Ferreiro, entre outros, nun evento que estivo presentado polo periodista Luis Fraga e con varias actuacións por parte do Club Rítmica Carballo e o grupo de violíns do Conservatorio de Música.
A continuación, os vencedores da noite carballesa:
Mellores deportistas: Ruth Fuentefría e Tomás Pombo.
Mellores promesas: Brais Pensado e Lucía Ngnipa.
Pedras Brancas: Bergantiños feminino e o Escola Lubiáns.
Luis Calvo Sanz: Fundación Luis Calvo Sanz.
Carballo Deporte: Un Paso Máis.
Arsenio Iglesias: Arturo Ferraces.
Vida adicada ao deporte: Gema Paz.
Mencións especiais: Elena Vázquez, Anxo Fuentefría, Evencio Ferrero e Luciano Calvo.
Foto: Fotoschimpi




