XAN LAMAS: Recepción no Concello de Carballo tras acadar 10 medallas

O deportista Xan Lamas Serrano tivo unha recepción no Concello de Carballo tras acadar 10 medallas, entre elas un bronce no Campionato de España de Apnea Indoor.

O alcalde, Evencio Ferrero, ofreceulle unha recepción oficial ao deportista Xan Lamas Serrano, que esta temporada acadou un total de 10 medallas, entre elas un bronce no Campionato de España de Apnea Indoor e tres ouros e unha prata no galego. O deportista carballés agradeceu o apoio do Concello de Carballo e a colaboración do persoal das piscinas para realizar os adestramentos.No acto tamén participou o concelleiro Luis Lamas, aínda que nesta ocasión a súa presenza non foi tanto como membro do goberno municipal como por ser o orgulloso pai do deportista. E non é para menos, como podes comprobar nesta relación de premios:

Campionato Cataluña: prata en apnea dinámica e bronce en dinámica sen aletas

Campionato País Vasco: prata en dinámica bi-aletas

Campionato Cantabria: ouro en dinámica e bronce en estática

Campionato Galicia: prata en estática e tres ouros en dinámica, dinámica bi-aletas e dinámica sen aletas

Campionato de España: bronce en dinámica sen aletas

A progresión do deportista carballés, que leva 10 anos practicando a pesca submarina e só 5 facendo apnea, é espectacular. Ademais das dez medallas acadadas esta tempada, Xan Lamas conseguiu o récord galego en apnea dinámica con bi-aletas cunha distancia de 159 metros.

Info e foto: Concello de Carballo

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucía Rivas: de verde a laranxa

Lucía Rivas finalizou a súa etapa no conxunto verde do Valdetires para enfundarse o laranxa dun Viaxes Amarelle no que compartirá vestiario con coñecidas como

Álex Permuy: cumprindo un soño

Falar de Smash Padel 4 é falar do seu fundador Álex Permuy e unha vida plenamente dedicada ao deporte, coñecido polo seu pasado futboleiro (Numancia