I REGATA PRAIA DA MAGDALENA: Vitoria para o CN Cabanas

Cabanas acolleu esta fin de semana a I Regata Praia da Magdalena na que participaron 11 catamaráns dos cales 3 pertencían ao CN Cabanas, 6 ao CV Praia de Oza e 2 ao equipo catalán CN Vilassar de Mar.

Tras as seis probas disputadas durante a fin de semana, o CN Cabanas proclamouse campión coa embarcación Arenal Inmobiliaria (ESP 21), tripulada por Diego Carral e Álvaro Carral, mentres que a segunda posición tamén foi para o CN Cabanas co catamarán Katraska (ESP 981) tripulado por Francisco Catalán e Jaime Araujo. A terceira posición adxudicoulla a Ovellaaa (ESP 88) tripulada por Alberto Martínez do CV Praia de Oza.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Álex Varela: “Reforzámonos ben”

Desde a ambición competitiva e o instinto goleador emerxe Alejandro Varela Maceiras (Miño, 1998), coñecido como Álex Varela. Mediapunta de formación e dianteiro por determinación,

Artai: “Somos unha piña”

O atacante Artai Miraz Casal (Ferrol, 1997) é vertixe e determinación ao servizo do Meirás, onde afronta a súa segunda tempada. Formouse no Racing desde