XIANA LAGO ANDRADE: Campioa de España Sub-20 en lanzamento de peso

A deportista Xiana Lago Andrade (Cee, 2004), do Club Ría Ferrol, non ten teito, e así cada competición na que participa segue subindo o seu listón sen parar.

Na súa última actuación, que tivo lugar con motivo do Campionato de España Sub-20, que celebrouse o pasado día 13 do presente mes de mazo, en Antequera (Málaga), logrou o título. Para conseguir o cordón nacional indoor, Xiana lanzou o peso a 12.05 metros, de tal forma, que superou á súa directa rival en 18 centímetros nunha final que resultou de auténtico infarto.

Así, Xiana Lago, de 17 anos, segue no seu momento de explosión, debido a que chegaba despois de ser subcampioa galega en categoría absoluta, que tivo lugar o 15 de febreiro nas instalacións de Expourense, así como despois logrou a medalla de ouro no campionato galego Sub-20, tamén en pista cuberta e igualmente celebrado en Ourense. Nesta oportunidade cun lanzamento de 12,23 metros.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

O Parrulo vence e convence

Primeiros tres puntos para O Parrulo tras vencer no pavillón da Malata ao UD Ibiza por 6-2 na segunda xornada da Segunda División Futsal. Bonito

Manu Méndez, lenda do Balonmán Xiria

“Un xogador diferente e especial”. Así poderíase definir ao que agora pasa a ser unha lenda do Balonmán Xiria, Manuel Méndez Cabeza, “Manu” (Carballo, 1989),