ESTEBAN DÍAZ E TINA FERNÁNDEZ: Repiten vitoria na Carreira Pedestre Concello de Camariñas

O pontés, de nai do Ézaro, Esteban Díaz Pérez, do Club Atletismo Narón, e a muradá Tina Fernández Barreiros, do Club Atletismo Sar, repetiron vitoria na X Carreira Pedestre de Camariñas, coa que se abriu o circuíto Correndo pola Costa da Morte 2022.

Na cita, organizada polo Concello de Camariñas, participaron 541 atletas dos 671 rexistrados en todas as categorías. Na colaboración estiveron dotacións de Protección Civil de Camariñas, Vimianzo, Fisterra, Corcubión, Muxía, Arteixo e Carballo, así como a Policía Local de Camariñas, e un bo número de voluntarios. Na mañá, que acabou sendo calorosa, melloráronse as marcadas de edicións anteriores. Correuse moi rápido.

CLASIFICACIÓN

10K masculino
1. Esteban Díaz Pérez (As Pontes) 31:46
2. Juan Álvarez Cures (Carballo) 31:54
3. Carlos Juanatey García (Noia) 32:21

10K feminino
1. Tina Marie (Muros) 37:56
2. Rocío Alvite Ferreiro (Mazaricos) 39:03
3. Silvia García Lorenzo (Noia) 39:66

3K masculino
1. Víctor Ramos Sambade (Muros) 8:28
2. Martin Regueira Rellán (Laxe) 9:01
3. David Rodríguez Hierro (Vigo) 9:38

3K feminino
1. Apolonia Bermúdez Canosa (Arou) 11:02
2. Alejandra Formoso Recarey (Muros) 11:23
3. Julia García Traba (Corcubión) 11:28

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Trofeos Bisbarra en xogo 2024/25

Unha tempada máis, Bisbarra en xogo xunto a varios dos nosos patrocinadores, anunciamos os trofeos que entregaremos ao final da presente campaña. EDICIÓN BERGANTIÑOS, ARTEIXO,