XXV Liga Comarcal de Judo Ferrolterra

O vindeiro sábado 20 de xuño disputarase no Pavillón da Armada-Batallóns a XXV Liga Comarcal de Judo de Ferrolterra, nas categorías sub-11, sub-9, minis e biberóns.

Esta xornada de judo pecha a tempada de competicións do club, na que tamén se decidirá o Ranking Intercentros en todas as súas categorías, desde Benxamín ata Cadete, desenvolvido ao longo da tempada en tres xornadas.

Desde as 9:30 da mañá ata as 13:30 horas, nas instalacións do Pavillón da Armada, 200 xudocas disputarán combates, por unha banda para decidir os campións tanto do Ranking Intercentros como da Liga Comarcal, á que están convidados os clubs Liceo La Paz da Coruña e Judo Blume de Ponferrada.

Outro momento importante desta xornada será o recoñecemento por parte do club, AD Judo Ferrolterra, aos seus xudocas cos mellores resultados da tempada, que nesta ocasión recaerá en Alba de Bernardo, Alejandra Álvarez, June Moreno, Hugo López e Mario Tenreiro.

E para rematar esta intensa xornada, xa en horario de tarde, 60 xudocas realizarán o pase de grao desde cinto laranxa ata cinto marrón.

Info e foto: AD Judo Ferrolterra

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas