250 Judocas na XXV Liga Comarcal de Judo de Ferrolterra

Máis de 250 judocas déronse cita nas Instalacións Deportivas da Armada (Batallóns) para participar na Liga Comarcal de Judo de Ferrolterra, organizada polo club Agrupación Deportiva Judo Ferrol en colaboración co Concello de Ferrol.

Na primeira quenda de competición disputouse a terceira e última xornada do Ranking Intercentros de Ferrolterra, no que competiron 100 judocas. Na clasificación final impuxéronse os seguintes deportistas nas diferentes categorías:

  • CADETE: Xoel Siso (Miño)
  • INFANTIL: Xabi Mauriz (Narón)
  • ALEVÍN: Alberto Troncoso (Narón)
  • BENXAMÍN: Iago Rubianes (Miño)

Na segunda quenda disputouse a “Liga Comarcal de Judo de Ferrolterra” por equipos nas categorías sub-9 e sub-11, e en modalidade individual para Minis e Biberóns. Nesta quenda incorporáronse os clubs Liceo La Paz da Coruña e Judo Blume de Ponferrada, convidados pola organización.

Os resultados finais foron os seguintes:

SUB-11

  1. Liceo La Paz (A Coruña)
  2. AD Judo Ferrolterra
  3. AA VV Lago (Valdoviño)
  4. Bertamiráns-Teixeiro

SUB-09

  1. Liceo La Paz “Verde” (A Coruña)
  2. Utopía Fitness Club (Narón)
  3. Mercedarias Ferrol
  4. Liceo La Paz “Branco” (A Coruña)

Na categoría de biberóns, o campión foi Unay Vázquez, de Blume (Ponferrada); mentres que na categoría minis os vencedores foron Leo Mosquera e Juan López (Utopía Fitness Club de Narón) e Enzo Gómez, de Cabanas.

Durante esta xornada premiouse aos mellores judocas do club, que acadaron resultados destacados este ano a nivel nacional: Alba de Bernardo, June Moreno, Alejandra Álvarez, Mario Tenreiro e Hugo López. Así mesmo, houbo un momento de recoñecemento e agradecemento aos principais patrocinadores do club: ODC Space, Maderas Pereira e Serantes Instalacións e Reformas.

Na sesión da tarde, 60 judocas realizaron o exame de paso de grao, desde o cinto laranxa ata o cinto marrón.

Info e foto: AD Judo Ferrolterra

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas