12ª EDICIÓN DO DÍA DO DEPORTE DA LARACHA: Sábado 04 de xuño

A partir das 10:00 horas na Praza Olonne sur Mer da Laracha e o seu entorno. Ás 13:30 horas será a tómbola co sorteo dos regalos doados polas empresas colaboradoras.

O Día do Deporte regresará á Laracha o sábado da próxima semana, día 4 de xuño, coa celebración da duodécima edición dun evento consolidado na programación anual municipal e no que se anima a participar a toda a cidadanía. O propósito esencial é dar visibilidade ás diferentes modalidades deportivas, fomentar a práctica de diversidade de tipos de actividade física e promocionar os estilos de vida saudables entre persoas de todos os grupos de idade, en especial nenos e maiores.

A xornada desenvolverase na Praza Olonne sur Mer da Laracha e no seu entorno (Praza da Cultura, piscina municipal e pavillón do IES Agra de Leborís) a partir das 10:00 horas. As persoas que se acheguen para desfrutar deste evento poderán practicar fútbol 3×3, baloncesto, judo, tiro con arco, mountain bike, xadrez, equitación, chave, ximnasia de mantemento, zumba, billarda e aquagym (neste último caso, na piscina municipal).

Ofrecerase a posibilidade de practicar estes deportes de forma libre, dirixida e, no caso do baloncesto, na modalidade de competición en tiros libres e triplas, para o que será preciso a inscrición previa no propio lugar do desenvolvemento da actividade. Ademais, os clubs de chave e de billarda terán o seu propio torneo durante a xornada.

Tamén haberá exhibicións de patinaxe (11:00 h no pavillón do IES Agra de Leborís) e de zumba kids (12:00 h na Praza Olonne sur Mer) coa que se clausurará a temporada das escolas deportivas municipais.

Como actividades lúdico-deportivas que complementan a oferta de actividades están os karts a pedais, portería inchable, escalada tobogán, táboa de surf e barredora.

A xornada concluirá coa tómbola de premios a partir das 13:30 horas na que todas as persoas que participaron durante a mañá nalgunha actividade deportiva optarán aos premios doados polas empresas colaboradoras, que son Supermercados Gadis, Autoservicio Familia, Deportes San Remo, Hebe Sport, Abanca, La Caixa, Diario de Bergantiños, Imprenta Esymar, Hotel-Restaurante ABC, Cervecería M3, O Noso Café, As Tres Marías, Manhattan Skyline, Esproade, HL Energía e Cristalería El Reflejo.

Información e foto: Concello da Laracha

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas