AD JUDO FERROLTERRA: Ao Trofeo Miguelito

Os/as novos/as alumnos/as do club, desprázanse este domingo á 34º edición do Trofeo Miguelito que se desenvolverá no Coliseum da Coruña.

A quenda para os judocas do AD Judo Ferrolterra e AM Fene será ás 11:00 da mañá.

Este torneo, é un evento onde se puntúa a técnica dos/as judocas máis novos/as, entre 3 e 11 anos. Poderá acceder público, na volta á normalidade, despois de lestes dous anos de Covid. E non se limitará a asistencia de público.

Irán acompañados polos profesores do club, Alba de Bernardo, Alba Martínez e Alberto Castro.

Información e foto: AD Judo Ferrolterra

 

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas