BILLARDA: 15ª xornada

A penúltima xornada da Conferencia Noroeste de Billarda(2021-2022) celebrouse no campo Ponte do Sal, da parroquia de Soandres do Concello da Laracha.

Os participantes estanse a xogar a clasificación para as finais, polo que foi unha xornada moi competitiva. Algún palanador chegou tarde porque viña de correr o 10K de Carballo.

EQUIPOS: Venceu Campo da Feira de Paiosaco, con APB A Laracha na segunda posición e Cochiqueiros de Cerceda terceiros.

ABSOLUTA: O vencedor foi Abel Ponte do Campo da Feira, mentres que Alberto Riveiro da APB quedou segundo e Xosé Collazo, tamén do Campo da Feira, terceiro.

FEMININA: Merche da APB, Marisa da Lúa de Forza de Sanxenxo e Raquel de Cochiqueiros, empataron a 6 puntos.

INFANTIL: Aleixo de Cochiqueiros foi o campión, con Roy e Kevin, ambos os dous da APB, segundo e terceiro respectivamente.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

O BBCA lidera a clasificación

A vitoria ante o Obradoiro por 67-48 deixou ao conxunto ferrolán como líder en solitario. Espectacular partido o disputado o sábado nun abarrotado Javier Gómez