13º AUTOCROSS DE CARBALLO: Vitorias de Darío Calviño, Rubén Uzal, Alberto Varela e David González

Darío Calviño, Rubén Uzal, Alberto Varela e David González venceron nas súas cilindradas no 13º Autocross de Carballo, puntuable para o galego. 

O cullerdense Darío Calviño, en Kartcross; o cercedense Rubén Uzal, menos de 1.600 cc; o carballés Alberto Varela, en máis de 1.600 cc, e David González, en 4 x 4, foron os vencedores en cada unha das catro categorías no 13º Autocross de Carballo, segunda carreira puntuable para o campionato galego. A proba, que organizou a perfección Escuadra Mais Motor, contou cunha boa presenza de afeccionados. A organización estima 800 persoas que acudiron ao circuíto municipal de Bértoa para ver as diferentes mangas.

CLASE III, KARTCROSS

Darío Calviño (Cullleredo, 2000), cun Yacar Racing, aproveitou moi ben o incidente entre Joaquín Chamorro (Nigrán) e Maikel Vilariño (Carballo), a falta dunha curva para concluír a proba, cando ocupaban as dúas primeiras posicións desde o inicio da final. Acompañaron a Darío no podio Antón Muiños (Cambre), que pasou a liderar a competición autonómica, e Sergio Suárez (Ponteceso). O carballés Javier Ramilo tivo que conformarse coa cuarta posición e Sergio Busto foi quinto. Houbo 19 pilotos rexistrados e chegaron a disputar a final 12.

CLASE I

Menos de 1.600 cc: O cercedense Rubén Uzal Belo, cun Citroën Saxo, foi o vencedor, despois dunha trepidante loita co larachés Álvaro Freire, desde a saída e ata cruzar a liña de meta. O podio completárono ademais de Álvaro Freire, Alejandro Mallo, que tivo que loitar con Santiago Pena, Alejandro Mallo e Martín Casto por esa posición. O larachés Daniel Remuiñán viu truncada as súas opcións ao romper o motor é tras un gran esforzo para arranxar a avaría acabou noveno tras saír de último. Outros pilotos da zona, Sergio Busto e Juan Vilariño, cuarto é quinto, respectivamente. Nesta categoría estaban rexistrados 13 pilotos e disputaron a final 12.

CLASE II

Máis de 1.600 cc: O carballés Alberto Varela, cun Citroën Saxo, foi o mellor, pero para iso mantivo unha bonita loita co arteixán Felipe Santos, que tivo que conformarse coa segunda posición despois de tentar superar, unha e outra vez. Así mesmo Dani Castro (Carballo), que foi terceiro, a punto estivo de supera a Felipe despois dunha espectacular remontada e finalizando a un ritmo superior aos dous primeiro. Estaban rexistrados 9 coches e disputaron o final oito.

CLASE IV, 4 x 4

Esta categoría quedou descafeinada, debido a que só dous pilotos chegaron coas súas monturas á final, xa que tres tiveron que abandonar por avarías. Así o veterano Mario Ríos gañou, pero saíu antes e foi penalizado, polo que David González alzouse co triunfo. Ao final e no medio de risas, Mario comentou: “Contra un coche de tracción total nada tiña que facer, así que saíu primeiro e puidemos divertirnos todos”. Mario pilotou un Seat Ibiza, mentres que David un Subaru Impureza. Estaban rexistrados 5 pilotos e entre eles a pontecesá Sandra García que non puido acudir ao non poder arranxar a tempo o seu Peugeot 208 Proto. Tamén extrañouse a presenza do cercedense Perfecto Calviño, que está en Italia noutra proba.

AMADOR VIDAL: O ESPECTÁCULO

No circuíto de Bértoa esperábase a presenza de Amador Vidal Cernadas (Vimianzo, 1972), campión de España sobre terra 2015 e 2016, e non decepcionou. O soneirán acudiu grazas que o seu amigo Dani Vázquez deixoulle o seu Peugeot 208 R5. Nos adestramentos libres e nos oficiais, Amador foi un auténtico espectáculo gañando ambas as magas cunha autoridade humillante. Pero antes da final e fronte ao asombro de todos Amador non apareceu na grella de saída. Un problema mecánico impediu que o seu coche acendese e así poder gañar novamente en Carballo.

 

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas