BILLARDA: Comezou a tempada 2021/22

O domingo 19 de setembro comezou a nova tempada 2021/2022 de Billarda coa primeira xornada da Liga Atlántica Conferencia Noroeste disputada en Arteixo. O Concello de Arteixo cedeu as instalacións do campo municipal Ponte dos Brozos para xogar esta primeira xornada de billarda e desde a Liga Atlántica agradecen ao Concello pola cesión do campo. […]