O vindeiro venres día 1 e sábado día 2 de agosto celebrarase nas instalacións do Club de Golf Campomar a 1ª Proba do IX Circuito «Gauzón Ibérica».

As saídas serán o venres ás 15:00 h. e o sábado ás 9:00 e 15:00 h. A modalidade de xogo será Stableford Individual Hándicap e os xogadores participarán divididos en dúas categorías, a 1ª categoría ata hándicap 18,4 e a 2ª categoría desde hándicap 18,5, resultando premiados os dous primeiros clasificados hándicap de cada categoría. […]
Cen rapaces participan na 17ª edición do Campus de Fútbol organizado polo Concello da Laracha

O luns 28 de xullo comezou a 17ª edición do campus de fútbol que cada verán organiza o concello larachés dentro da programación municipal de actividades culturais e deportivas, e que celebrarase ata o venres nos campos Municipal da Laracha e A Porta Santa de Paiosaco. Están a participar preto dun centenar de rapaces, que […]
Brais Pensado, do Club Sysca, convocado pola selección española para o Campionato de Europa de salvamento e socorrismo

O carballés Brais Pensado Alberti, deportista do Club Sysca, foi convocado pola selección española de salvamento e socorrismo para participar no Campionato de Europa da categoría júnior. Terá lugar nas localidades de Szczecin e Międzyzdroje, en Polonia, do 24 ao 31 de agosto. A convocatoria júnior está formada por seis mozas e seis mozos, entre […]