O día 26 de febreiro realizou a súa presentación nas redes sociais o Club Xuventude Laracha, entidade que se creou o pasado 9 de febreiro e que competirá a próxima tempada 2024/25 en Terceira Rexional.
Os primeiros comentarios da reitora son: «Só podemos dicir que traballaremos con toda ilusión e humildade para poder ofrecer un proxecto atractivo para todos os rapaces e rapazas do Concello da Laracha, para que sexan a pedra angular do clube».
Tampouco se esquecen: «Queremos agradecer a todas as empresas que nos están recibindo e apoiando en todo canto poden e a todas as persoas que se están interesando polo proxecto».
Conclúen os reitores do novo equipo de fútbol: «Sodes todos benvidos a formar parte desta familia Club Xuventude Laracha. Iremos compartindo máis información a medida que pasen os días.
Grazas por compartir esta ilusión connosco».
O novo equipo xogará no campo municipal da Laracha e a pretensión é crear equipos en todas as categorías.
Foto: Club Xuventude Laracha
Compartir:
Novas relacionadas

Fabián Domínguez Gesto, un palmarés que non deixa de medrar
Hai tiradores que compiten e outros que deixan pegada. En Dumbría, o nome de Fabián Domínguez Gesto xa forma parte desa historia escrita a base

Hugo López e Alejandra Álvarez, campións en Cantabria
A pasada fin de semana, o Palacio dos Deportes de Santander acolleu unha nova edición da Supercopa de España de Cantabria de judo, nas categorías

A maxia da Malata obra un milagre: o Baxi conquista unha remontada épica no último suspiro
Cando todo parecía perdido, a alma da Malata espertou para empurrar o Baxi cara a unha vitoria inesquecible, onde as ferrolás, que chegaron a estar

O Parrulo roza a vitoria nun duelo de máxima intensidade sen premio goleador
O conxunto ferrolán dominou boa parte do encontro e dispuxo de claras ocasións para levar os tres puntos, pero a falta de acerto e as

Dani Rodríguez: “O tempo que fixen foi unha sorpresa, tardei días en asimilalo”
Dani Rodríguez converteu un soño deportivo nun reto solidario. O pontecesán completou este verán do tirón e sen parar, os 203 quilómetros do Camiño dos
© Copyright 2021. BISBARRA EN XOGO | Desarrollado por Creatigal