A 14ª edición do Campus de Baloncesto conta con medio centenar de participantes

A actividade está incluída no programa municipal de verán e conta con idades comprendidas entre os 6 e os 15 anos.

Nesta semana estase a levar a cabo no pavillón Municipal da Laracha a 14ª edición do campus de baloncesto que organiza o Concello dentro da programación cultural e deportiva de verán. A actividade realízase en cinco xornadas, desde onte luns e ata o venres, en horario de 10:30 a 13:30 horas.

Participan no campus de baloncesto preto de medio centenar de rapaces de idades comprendidas entre os seis e os quince anos. Hoxe recibiron a visita do alcalde, José Manuel López Varela, e da concelleira de Deportes, Patricia Bello.

O obxectivo deste campus é fomentar a práctica do baloncesto e tamén iniciar nesta modalidade deportiva aos mozos que non tiveron contacto con ela, xa que non foi necesario ter coñecementos previos para poder inscribirse.

Foto e info: Concello da Laracha

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucía Rivas: de verde a laranxa

Lucía Rivas finalizou a súa etapa no conxunto verde do Valdetires para enfundarse o laranxa dun Viaxes Amarelle no que compartirá vestiario con coñecidas como

Álex Permuy: cumprindo un soño

Falar de Smash Padel 4 é falar do seu fundador Álex Permuy e unha vida plenamente dedicada ao deporte, coñecido polo seu pasado futboleiro (Numancia