O BBCA anunciou que o senior feminino xogará na Primeira Nacional nesta nova tempada

O conxunto ferrolán comunicou que o seu conxunto senior feminino competirá esta tempada na Primeira Nacional grazas ao traballo duro, dedicación e talento excepcional das súas xogadoras e equipo técnico.

Desde o club declarouse que «estamos entusiasmadas por enfrontar este reto e representar á nosa cidade con orgullo. As nosas xogadoras demostraron gran nivel de xogo e cohesión nas tempadas anteriores e confiamos en que seguirán a mostrar o seu talento e habilidades na próxima tempada, engadindo que «ademais, algunhas das nosas xogadoras xuvenís e cadetes terán a oportunidade de xogar nesta categoría. Isto reflicte o noso compromiso co desenvolvemento de talentos e en proporcionar oportunidades de crecemento».

Por último, o club mostrou o seu agradecemento e apoio a todos os seus patrocinadores, afeccionados e da comunidade.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Álex Varela: “Reforzámonos ben”

Desde a ambición competitiva e o instinto goleador emerxe Alejandro Varela Maceiras (Miño, 1998), coñecido como Álex Varela. Mediapunta de formación e dianteiro por determinación,

Artai: “Somos unha piña”

O atacante Artai Miraz Casal (Ferrol, 1997) é vertixe e determinación ao servizo do Meirás, onde afronta a súa segunda tempada. Formouse no Racing desde